Tuesday 21 de May de 2024

Concurso xuvenil sobre o cambio climático nas casas da mocidade


Un concurso de xogos de mesa é a fórmula que elixiron no Consello Climático de Oleiros para elaborar unha guía de boas prácticas sobre o cambio climático. As persoas que gañen obterán un vale para practicar paddle surf e as tres que obteñan mellores puntuacións terán acceso a unha actividade do campus de verán do Fondo Galego de Cooperación.

As persoas que teñan interese en participar pode achegarse á Casa da mocidade Portaberta de Santa Cruz os días 24 e 27 de febreiro, 24 de marzo, 28 de abril, 26 de maio e 9 e 30 de xuño. Está dirixido a mozas e mozos maiores de 14 anos e non é preciso asistir a todas as sesións. Para máis información poden chamar ao 659 884 680 ou enviar un WhatsApp a ese número.